09/03/2014

Mirade este video...

recolle distintas cuestións faladas ao longo destas dúas avaliacións:

07/03/2014

Sobre cousas faladas...

Pablo Isla asegura que a contribución de INDITEX ao PIB é superior ao sector pesqueiro ou aéreo
Isla, que participou no "Foro Global España 2014" que se celebrou en Bilbao resaltou que a contribución do grupo galego ao PIB é superior ao de sectores como o da pesca ou o aéreo. "Estamos presentes en 86 mercados, pero mantemos a sede en España e todos os centros loxísticos, o que determina un investimento permanente en España", resaltou Isla, quen destacou ademáis a aportación ao crecemento do emprego, con máis de 6.500 provedores, cuxa facturación se sitúa nuns 3.000 millóns de euros anuais.
...
Asimesmo, o máximo executivo do xigante téxtil destacou a aportación de Inditex ás arcas públicas, co pago de tributos en España, e sinalou neste senso que Inditex desembolsou máis de 1.000 millóns nos últimos catro anos correspondentes ao Imposto de Sociedades, o 2% de todo o recaudado por este gravame.
Acceso á noticia completa: fonte ABC

Sobre o falado na clase de onte

A rede que quixo abrir unha ruta de coca en contenedores por Vigo e Marín se enfronta  a 84 anos de cadea
Un alixo de 55 kilos chegou á rada viguesa oculto na madeira dos palés dunha partida de plátanos

15/febreiro/2014
Cinco personas sentaranse este marte no banquillo dos acusados da Audiencia de Pontevedra acusadas pola Fiscalía Antidroga de intentar abrir unha ruta segura para o tráfico de cocaína
procedente de Sudamérica a través dos portos de Marín e Vigo. De feito, a investigación permitiu interceptar o envío de 55 kilos de cocaína a través deste último porto que viñan ocultos nos palés dun cargamento de plátanos.
...
Unha vez que a primeira inspección policial resultou negativa ao non ser detectada a droga nos palés, o contenedor tiña vía libre para salir do porte vigués a non ser por unha cuestión. En lugar de banano macho para freir, que non necesita licenza nin cupo para entra en España, o cargamento era de plátano común, que tamén produce España, o que facía que estivera suxeito a cupo por parte da UE.
Os acusados intentaron procurar unha empresa que tivera cupo para poder introducir o cargamento de plátanos e acceder así á cocaína pero a mercancía deteriorouse e Sanidade ordeou a súa destrucción ao non ser apto para o consumo.
A rede viuse tan desesperada ao non poder acceder ao contido do contenedor que se plantexou a posibilidade de secuestralo aproveitando o traslado para a súa destrucción. A droga iba oculta entre plátanos, pero non na froita, senón oculta no interior das madeiras dos palés.
Fonte: Faro de Vigo
Acceso á noticia completa: CLICK

INFORMACIÓN ADICIONAL en relación á noticia anterior: